Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Os libros xa rulan polo Val Miñor

Os libros xa rulan polo Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
O colectivo Espazo Lectura repartirá 120 exemplares de títulos en galego que os veciños poderán atopar en calquera sitio público segundo o sistema de «bookcrossing». A semán pasado tivo lugar a presentación, en rolda de prensa, da campaña de Espazo Lectura «Bookcrossing no Val Miñor», que se celebrou na Ramallosa, ao aire libre, á beira da foz do río. A campaña conta coa colaboración dos tres Concellos do Val Miñor e acudiron ao acto os alcaldes de Baiona e Nigrán. 

Na rolda de prensa falaron Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, e Anaír Rodríguez, membro da directiva e coordinadora da campaña de bookcrossing, así como os dous alcaldes. Ao remate do acto, ceibáronse 120 libros en diferentes espazos públicos dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán. Algúns xa foron rexistrados polas persoas que os atoparon. Nas imaxes, de esquerda a dereita Jesús Vázquez Almuíña, alcalde de Baiona, Concha Costas, Anaír Rodríguez e Efrén Juanes, alcalde de Nigrán.

Ao remate do acto, ceibáronse 120 libros en diferentes espazos públicos dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán. Algúns xa foron rexistrados polas persoas que os atoparon. Nas imaxes, de esquerda a dereita Jesús Vázquez Almuíña, alcalde de Baiona, Concha Costas, Anaír Rodríguez e Efrén Juanes, alcalde de Nigrán.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site