Domingo, 16 Jun. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Tecnoloxía O Val Miñor xa está no mapa virtual en 360 graos de Google

O Val Miñor xa está no mapa virtual en 360 graos de Google

Correo-e Imprimir PDF
Ponte da Ramallosa vista dende Google Street View

O Val Miñor xa está no mapa virtual de Google Street View. Fai varias semáns, Google, a través da súa ferramenta 'Street View', permite xa percorrer de maneira virtual e a través de imaxes en 360 graos as principais estradas do Val Miñor.

A captura de imaxes comezou no pasado outono pero polo análise das imaxes parece que se consolidou no mes de maio de 2011, durante o periódo de eleccións municipais, así na rotonda de Ramallosa ou na Avda. Portugal podemos atopar as pancartas da campaña electoral, inmortalizadas na ferramenta virtual.

A día de hoxe Google leva actualizada a súa ferramenta Street View coa inclusión do 80 por cento do territorio español, nun proceso que se iniciou en outubro de 2008 coa dixitalización de Madrid, Barcelona, Valencia e Sevilla. Con isto, España convértese no segundo país, despois de Estados Unidos, con máis territorio dispoñible na aplicación.

Ir a Google Street View do Val Miñor