Mércores, 19 Jun. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Saúde A AD Vincios cumpre co reto do cubo de auga xeada e nomina a clubs de Pontevedra, A Coruña e Portugal.

A AD Vincios cumpre co reto do cubo de auga xeada e nomina a clubs de Pontevedra, A Coruña e Portugal.

Correo-e Imprimir PDF
ad-vincios-auga

Xogadores, adestradores e directivos da Agrupación Deportiva Vincios de Tenis Mesa recibiron o súa cota de auga xeada, para así cumprir co reto que acompaña os donativos á campaña de apoio á investigación da Esclerosis Lateral Amiotrófica (ELA).

Nas instalacións do IES Terra de Turonio, o pasado martes fixeron público o seu apoio con esta campaña que percorre o territorio en apoio á Fundación Española para el Fomento de la Investigación de la Esclerosis Lateral Amiotrófica (FUNDELA).

Antes do "baño xeado", o presidente da AD Vincios, Vicente Pintos, animou a outras institucións deportivas a aceptar o reto e nomeou explicitamente ao Oroso Tenis Mesa (Oroso – A Coruña), Tenis Mesa Ponte Porreiro (Pontevedra), Club Narón Tenis Mesa (Narón – A Coruña) e o Club Ala Nun'Álvarez de Gondomar Tennis Team (Gondomar-Portugal).