Domingo, 15 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia “Wandereres”, a curta que recrea a colonización do espazo coa voz de Carl Sagan causa sensación na rede.

“Wandereres”, a curta que recrea a colonización do espazo coa voz de Carl Sagan causa sensación na rede.

Correo-e Imprimir PDF
wanderers-6

Vexa o vídeo. Coa voz de Carl Sagan, pódese gozar dunha curta de catro minutos onde se constrúen representacións realistas de planetas e lúas do Sistema Solar coa presenza humana instalado neles.

Está dirixido por Erik Wernquist, artista dixital sueco, que rescatou a voz de Sagan do seu audiolibro Pale Blue Dot: A Vision of the Human Future in Space.
Wanderers é o título da curtametraxe que está causando sensación na rede. Unha pequena pero moi inspiradora produción que nos mostra con imaxes dunha beleza inmensa como será o día no que a presenza da humanidade estea espallada por todo o Sistema Solar.
"Todos os escenarios representados nesta curtametraxe son recreacións de lugares do noso sistema solar". Con esta frase arrinca esta pequena xoia de catro minutos
Pero Wanderers non é un documental sobre o espazo, é unha visionaria produción, que nos ofrece a súa versión de como se vería o universo si a humanidade ampliase o seu campo de acción máis aló do planeta Terra.

VIDEO