Luns, 16 Sep. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia Este venres o Asteroide 2012 DA14 achegarase polos ceos das Rías Baixas.

Este venres o Asteroide 2012 DA14 achegarase polos ceos das Rías Baixas.

Correo-e Imprimir PDF
OrbitaComparadaTierra-2012D
asteroide-2012-da14-movimie
pasosatelites
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

 O vindeiro venres día 15 de febreiro o Asteroide 2012 DA14 pasará moi preto do noso planeta e aínda que os científicos encargados do seu seguimento ao longo de todo un ano descartan por completo a posibilidade de impacto, converterase no corpo celeste destas características descuberto que mais se achegue á Terra dende que existen rexistros, ata o punto de que esa noite, poderase seguir a súa traxectoria polo ceo a través duns prismáticos ou un telescopio modesto.

O 2012 DA14 foi descuberto o pasado 23 de febreiro de 2012 dende o Observatorio Astronómico de La Sagra situado en Granada (España) e pertencente ao Observatorio Astronómico de Mallorca, dentro dun programa dedicado á procura dos chamados NEO (Near Earth Objects) ou Obxectos Próximos a Terra que poden chegar a supoñer un certo perigo. Non e o da Sagra o único equipamento dedicado ao descubrimento e control destes “visitantes” inesperados xa que outros observatorios tanto profesionais como afeccionados en todo o mundo traballan nesta gran rede de vixilancia dos ceos.

O protagonista astronómico da noite do venres e un corpo cun diámetro estimado de 45 metros e unhas 130000 toneladas de masa, que achegarase a uns 27.700 quilómetros da Terra, o que supón case uns 8000 metros mais preto que moitos dos satélites de telecomunicacións que temos orbitando o noso fogar planetario. Como advirten os investigadores, é distancia mais que suficiente para descartar a posibilidade de impacto, pero de chegar a producirse o encontro entre a Terra e un asteroide destas características, as consecuencias na area de impacto serían catastróficas e aí radica a importancia das redes de vixilancia xa que de todas as catástrofes naturais a única que pode ser evitada grazas a prevención e a dos impactos meteoríticos.

Agárdase que este venres moita xente intente observar o paso próximo  deste asteroide que entre as 21:00 e as 23:00 horas atravesará o ceo pola rexión circumpolar e mais concretamente entre as constelacións da Osa Maior e o Dragón. Teñamos en conta que a observación dun corpo destas características situado a esa distancia non e sinxela xa que non presentará un brillo moi elevado e precisamente por iso farase necesario o uso de prismáticos de certo diámetro ou telescopios de afeccionado. O que miraremos será a imaxe dunha “estrela” modesta, de magnitude entre 7 e 9 que irase desprazando a una velocidade de 30 grados/hora sobre o fondo de estrelas.

Dende Galicia o Observatorio Astronómico de Forcarei ten organizada una actividade aberta para esa noite, con varios telescopios que tentarán seguir e rexistrar o paso do asteroide. Parece que a meteoroloxía acompañará pero as temperaturas serán baixas polo que a recomendación de saír aos distintos puntos de observación moi abrigados faise fundamental.

 Simulación da órbita e aproximación á Terra do asteroide 2012 DA14 por Chirs Laurel, creador dos programas Cosmographia e Celestia

Dim lights Embed Embed this video on your site