Venres, 22 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia O fútbol golea á ciencia en orzamento

O fútbol golea á ciencia en orzamento

Correo-e Imprimir PDF

Un equipo descendido a Segunda, como o Vilarreal, contou con máis fondos o ano pasado que o maior centro español contra o cancro.

Un pequeno club de fútbol como o Vilarreal, que este ano non conseguiu sequera manterse en primeira división, conta cun orzamento anual superior ao do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), o gran laboratorio da loita contra o cancro en España. E co que gaña unha estrela como Leo Messi, que rolda os 33 millóns de euros, sería posible manter durante un ano o Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC), o “irmán” do CNIO dedicado ao estudo da outra gran causa de mortalidade no mundo occidental, as enfermidades cardiovasculares.

Pica na imaxe para ver a infografía e comparar os orzamentos arrastrando as caixas. Amanda Sullivan. TIV para Materia

O oito centros incluídos na comparación non son necesariamente os que teñen o maior orzamento de España. Elixíronse por ser distinguidos co Severo Ochoa, un programa creado o ano pasado polo Ministerio de Ciencia e Innovación para destacar aos centros españois máis competitivos a nivel internacional.

Nesta lista faltarían algunhas institucións como o Centro de Regulación Xenómica, con máis de 30 millóns de euros de orzamento é un dos mellores centros de investigación de España e a súa exclusión dos Severo Ochoa foi moi polémica. No entanto, a clasificación pode servir como exemplo dos recursos dedicados á excelencia científica fronte á excelencia futbolística.

INFOGRAFÍA | Ciencia na cola da liga dos orzamentos / TIV

Os clubs de fútbol, ao contrario que os grandes centros de investigación, son empresas privadas. Pero iso é certo a medias. Os poderes públicos sempre ofrecen un trato de favor aos clubs. Os equipos de primeira división, por exemplo, débenlle a Facenda 489 millóns de euros, 165 millóns máis que o dedicado ao programa de axudas do Plan Nacional de I+D+i e non son estraños os casos nos que os concellos avalan créditos para salvar ao equipo da cidade.

Unha última mostra do que son as prioridades e de como ven os políticos a ciencia e o fútbol é a comparecencia no Congreso pedida o ano pasado para que o Goberno explicase o soldo de 131.000 euros do director do Consorcio de Apoio á Investigación Biomédica en Rede (CAIBER), Joaquín Casariego. Entón, o deputado Miguel Barrachina cualificou este soldo de “disparatado”.