Xoves, 14 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Ciencia Os vixiantes do ceo das Rías Baixas.

Os vixiantes do ceo das Rías Baixas.

Correo-e Imprimir PDF
O cemeta Garrard xunto a M71 no ceo das Rías Baixas. (Astro fotografía de Pablo Martínez Alemparte)

Polas noites, nos cumios do Monte Alba, A Groba ó Galiñeiro non todo é soidade. Dende hai anos, un grupo de homes e mulleres amantes da astronomía trepan ata os devanditos curutos co fin de albiscar as marabillas profundas do Universo que habitamos. Desas andainas de observación quedan rexistros fermosos e abraiantes como a fotografía que acompaña a nota, a pasaxe do cometa Garrard polo ceo galego. Este grupo de afeccionados investigadores integran a Agrupación Astronómica Rías Baixas (AARB), que dende o ano 2000 traballa na observación e divulgación astronómica no sur de Galicia.

Pablo Martínez Alemparte, profesor de Astronomía e arqueólogo é o autor desta astrofotografía, tomada o pasado 26 de agosto en Aguasantas, no concello de Cotobade, durante unha xornada de divulgación organizada dende o Concello de Pontevedra. Nela mírase ao cometa durante a súa pasaxe polo Messier 71, un grupo de estrelas antigas situadas na constelación de Sagita, a uns 12.000 anos luz da Terra.

Imaxes como esta pódense atopar na web de Martínez, como no portal da AARB. Tamén as datas de saídas de observación, as que son abertas a persoas de todas as idades.