Mércores, 11 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda “TRAVESEO. PRAGMATISMO” Exposición de ALFONSO SOLIÑO TRONCOSO no IEM.

“TRAVESEO. PRAGMATISMO” Exposición de ALFONSO SOLIÑO TRONCOSO no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

O vindeiro venres 29 de xaneiro, ás 8:30 da tarde, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) –n.º 10, baixo, da Avda. da Feira, en Gondomar-, nun acto aberto a quen desexe asistir, Alfonso Soliño Troncoso inaugura unha exposición de escultura e pintura que recolle o resultado das súas investigacións espaciais e obxectuais dos últimos dous anos, aínda ben se incorporen algunhas pezas anteriores.


O escultor e a súa obra serán presentados por Antonio Soliño, arquitecto, membro do IEM e irmán de Alfonso. A exposición quedará aberta ao público de luns a venres, ambos os dous incluídos, en horario de 18 a 21h., ata o 18 de Marzo.