Mércores, 21 Aug. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda Nigrán abre o prazo para participar do programa de termalismo social do IMSERSO

Nigrán abre o prazo para participar do programa de termalismo social do IMSERSO

Correo-e Imprimir PDF
termas-de-ourense-2 101422

O IMSERSO organiza o Programa de Termalismo Social dirixido a pensionistas da Seguridade Social, perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos. Este programa propociona tratamentos termais a prezos reducidos en balnearios de todo o territorio nacional en regimen de aloxamento con pensión completa. As estancias poden ser de 10 e 12 días de duración.

As persoas interesadas en participar neste programa deberán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, os martes e xoves en horario de 9 a 13 horas. Cita previa chamando ao teléfono 986.365.000, ext. 4

Os prazos para presentar as solicitudes son os seguintes:

-Ata o día 8 de xaneiro de 2016: para as quendas dos meses de febreiro a agosto (ambos inclusive).

-Ata o día 5 de maio de 2016: para as quendas dos meses de setembro a decembro (ambos inclusive).