Mércores, 8 Apr. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda Faladoiro sobre adestramento canino no Centro Cultural de Vincios.

Faladoiro sobre adestramento canino no Centro Cultural de Vincios.

Correo-e Imprimir PDF
group-of-dogs

A especialista Carolina González Rodal desenvolverá unha charla-coloquio sobre educación e adestramento canino.

A mesma terá lugar o vindeiro sábado 19 de setembro ás 16 horas no Centro Cultural de Vincios (Piñeiro s/n Vincios – Gondomar).

Entre os temas a tratar salientan a orixe dos cans, tipos, razas e as súas características. Haberá atención ao tema da linguaxe, o comportamento, coidados, alimentación e normativas vixentes.

A conferenciante, Carolina Gonzalez Rodal, é adestradora co certificado de capacitación para o adestramento da Xunta de Galicia n ° 24.
Entrada de balde.