Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Próximo a 400 persoas participarán da primeira andaina nocturna polo “Camiño do Terror” en Parada

Próximo a 400 persoas participarán da primeira andaina nocturna polo “Camiño do Terror” en Parada

Correo-e Imprimir PDF
DIY-LED-Flashlight

A andaina partirá este sábado dende o campo de futbito de Parada ás 22:30 horas. O percorrido, no que haberá sorpresas relativas á temática, descorrerá polos camiños de Montecastelo con parada no Mirador Monte dos Mouros. Está previsto que finalice no mesmo punto de saída ás 01,30 horas.

A organización comunica que xa están inscritas 350 persoas e inda se formará un grupo máis cos que se anoten o mesmo día. Nese senso os que queiran participar deben anotarse no campo de futbito a partir das 22:30 horas para camiñar co último grupo, que sinalan "pode saír pasada a unha da mañá".

A inscrición é de 4€ por persoa e inclúe seguro e chocolate con churros. Só se necesita roupa cómoda e unha lanterna. A actividade é para tódolos públicos. A andaina conta coa colaboración do Concello de Nigrán e está organizada polo Centro Cultural Parada do Miñor.