Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Continúa a Semana Cultural de Peitieiros con dous concertos este xoves e venres

Continúa a Semana Cultural de Peitieiros con dous concertos este xoves e venres

Correo-e Imprimir PDF
os muinhosdeoliveira

Peitieiros continúa coa Semana Cultural que este xoves 20 e venres 21 contará con cadanseu concerto, ambos os dous ás 22:00 horas e no local do Centro Cultural.

O xoves 20 actuará Ameva dúo. Ameva dúo está integrado polos veciños de Peitieiros Diego Bea, guitarra e piano, e Eva Correa, voz. Trátase dun dúo que realiza versións acústicas de diferentes artistas de Soul, Rock, R&B, Rock, Jazz e que nestes últimos anos ten realizado numerosas actuacións en Gondomar e nos concellos limítrofes.

O venres 21 actuarán o Grupo de Canto popular do CCV de Peitieiros dirixido por Xurxo Antúnez e a comparsa de Bueu Os Mulos, herdeiros da tradición das comparsas do Entroido dos inicios do século XX. Esta agrupación musical que nos últimos anos ameniza a Festas das Letras de Bueu conta no seu repertorio coa popular peza "Falemos galego", unha peza popularizada por Suso Vaamonde e A Roda, mais que foi composta por José Diz, un dos integrantes dos Mulos.

Estes dous concertos dan continuidade á Semana Cultural que precede o XXII Festival Folclórico Internacional que se celebrará o sábado 22.