Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Cine na Rúa en #Gondomar: “La Ladrona de libros” no Parque da Coelleira

Cine na Rúa en #Gondomar: “La Ladrona de libros” no Parque da Coelleira

Correo-e Imprimir PDF
laladronadelibros1

O ciclo Cinema na Rúa en Gondomar ofrecerá este luns 3 de agosto unha proxección para todo público no Parque da Coelleira. A función dará comezo ás 22:30 horas coa proxección do filme “La ladrona de libros” (2013) dirixida por Brian Percival.  O espectáculo conta co auspicio da Concellaría de Cultura de Gondomar e a Deputación de Pontevedra. Entrada de balde.

Sinopse

Narra a historia dunha animosa e valente moza chamada Liesel, que transforma as vidas de todas as persoas da súa contorna cando a envían a vivir cunha familia de acollida na Alemaña da II Guerra Mundial. Para Liesel, o poder das palabras e da imaxinación convértese nunha forma de escapar dos tumultuosos eventos que a rodean, tanto a ela como a toda a xente que coñece e quere.