Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A danza tradicional da parroquia de Baíña preséntase na XII Romaría do Chamoso en Lugo.

A danza tradicional da parroquia de Baíña preséntase na XII Romaría do Chamoso en Lugo.

Correo-e Imprimir PDF
airinhos da lagoa

A música e danzas da parroquia de Baíña estarán presentes na tradicional Romaría do Chamoso que este ano cumpre a súa XII edición. Será este domingo, día 2 de agosto, cando o Grupo de Baile e Música Tradicional Airiños da Lagoa, estará xunto aos grupos Peleriños (Sarria) e Legua Dereita (O Corgo), no festival folclórico que se celebra na praia fluvial de O Corgo (Lugo).

"Seguimos traspasando fronteiras e representando con dignidade e respecto á nosa parroquia e ao noso concello", sinalan eufóricos os membros do grupo tras recibirir o convite para participar no festival no concello de O Corgo.

A popular Romaría do Chamoso desenvólvese durante os días 1 e 2 de agosto na praia fluvial de do río do mesmo nome. O concello de O Corgo organiza un campamento na contorna do festival para os asistentes.