Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Cantares do Brión organiza a súa IV Romaría laica con foliadas e aturuxos na Serra do Galiñeiro.

Cantares do Brión organiza a súa IV Romaría laica con foliadas e aturuxos na Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
romaria touba

Este domingo 31 de maio o Coro Tradicional Cantares do Brión organiza por cuarto ano consecutivo a Romaría da Touba do Brión, unha festa laica que se celebra nas abas da Serra do Galiñeiro. A partir das 10:30 da mañá dará comezo a romaría cunha camiñada desde a casa reitoral de Vincos (na subida ao centro cultural) até a Touba do Brión, debaixo do Curro. Os organizadores pregan levar calzado cómodo "para andar e superar algún regato que atoparemos na andaina á Touba do Brión, e levar para comer e beber. Despois: bailar, cantar e obradoiros semellantes ao da última romaría", sinalan

Xa na cova, que lle dá nome ao coro, dará comezo a festa, onde as romeiras e romeiros máis ousados poderán cantar, bailar e executar instrumentos ou participar dos tradicionais obradoiros de aturuxos organizados no monte. A participación é gratuíta.