Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O IEM pechas os faladoiros sobre o arquitecto Gómez Román cunha conferencia de Francisco Domínguez (Penzol).

O IEM pechas os faladoiros sobre o arquitecto Gómez Román cunha conferencia de Francisco Domínguez (Penzol).

Correo-e Imprimir PDF
900-gomez-roman1

O ciclo continuará este venres 24 de abril, ás 20:30horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, cunha intervención de Francisco Domínguez Martínez, director da Fundación Penzol.
"Arredor da obra e figura de Manuel Gómez Román", será o tema deste faladoiro que contará cunha presentación a cargo do enxeñeiro industrial e membro do IEM, Xaquín de Acosta Beiras.


Este ciclo pretende amosar unha ampla mirada sobre Gómez Román, quen abarcou distintos estilos arquitectónicos, destacando no modernista, ecléctico e o rexionalista inspirado na arquitectura monumental galega e a edificación tradicional. Autor entre outros proxectos e construcións emblemáticas en Vigo e comarcas, do Monumento á Mariña Universal que preside no alto de Monteferro (Panxón – Nigrán)
Ademais, Gómez Román tivo un importante papel na vida social, política e cultural do país. Formou parte da Corporación Municipal viguesa, foi secretario xeral do Partido Galeguista, fundador en Vigo da Agrupación ao Servizo da República e candidato ás eleccións municipais de 1936 pola Fronte Popular.
No ámbito cultural tamén mostrou unha gran implicación, participando na fundación da Editorial Galaxia e como membro da Real Academia Galega.