Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Venres: TERTULIA do IEM co músico Roi Casal

Venres: TERTULIA do IEM co músico Roi Casal

Correo-e Imprimir PDF
roi casal

A música volve irromper nunha nova TERTULIA do IEM. Esta vez coa visita do exquisito músico e compositor Roi Casal. Fillo de Nando, "o gaiteiro" de Milladoiro, formou parte deste grupo durante 9 anos. Trala súa consagración como arpista da banda iniciou unha sonada carreira solista en 2009 que o está a levar por escenarios de medio mundo coa presentación de seus traballos discográficos. A presentación do acto estará a cargo de Antón Seone, un dos fundadores de Milladoiro  Será o este venres 6 de febreiro ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar).