Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Mañufe mide este venres o talento veciñal na elaboración de viños, doces, tortas e postais do Nadal.

Mañufe mide este venres o talento veciñal na elaboración de viños, doces, tortas e postais do Nadal.

Correo-e Imprimir PDF
tortas doces

Unha animada xornada social convocada polo Centro Cultural San Vicente de Mañufe medirá o talento dos veciños na elaboración de viños, doces, tortas e postais do Nadal nunha serie de concursos abertos que terán lugar este venres 6 de decembro, ás 19 horas. Para participar bastará con achegarse con algún destes produtos de elaboración propia e con gañas de pasar unha tarde divertida.

Con esta actividade o C.C. San Vicente de Mañufe continúa o seu calendario de eventos para o Nadal que dera comezo coa campaña solidaria para fornecer ao banco de alimentos do concello de Gondomar, vixente ata o vindeiro 25 de novembro.
Para ir facendo un oco nas axendas adiantamos o programa completo das actividades a desenvolver:
-Venres 6 de decembro, 19 horas: Concurso de viños, doces, tortas e postais do Nadal no Centro Cultural de Mañufe.
-Sábado 21 de decembro, 20:30 horas: Concerto da Orquestra de Cámara Infantil e Xuvenil Val Miñor no Centro Cultural.
-Domingo 22 de decembro, 20:30 horas: Octeto Voces del Más Acá, no Centro Cultural.
-Mércores 25 de decembro, 19 horas: Festival de Nadal a cargo dos nenos e adultos veciños da parroquia no Centro Cultural.
-Venres 27 de decembro, 21 horas: Recital de Música Tradicional a cargo de "Os Romateleiros" da Asociación Cultural de Mañufe e Recital Polifónico a cargo da Coral San Lorenzo de Belesar, no Centro Cultural.
-Domingos 29 de decembro,19 horas: Mostra de Teatro Afeccionado feita por nenos e adultos da parroquia no Centro Cultural
-Sábado 4 de xaneiro, 16:30 horas: Cabalgata de Reis pola parroquia de Mañufe