Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Xornada de sendeirismo por Monteferro para este domingo.

Xornada de sendeirismo por Monteferro para este domingo.

Correo-e Imprimir PDF
monteferro

A Asociación Cultural das Angustias e a Comisión de Festas das Angustias, en colaboración co Concello de Nigrán, organizan para este domingo 17 de marzo unha ruta de sendeirismo por Monteferro. A saída terá lugar ás 10.00 horas desde o Torreiro de Festas das Angustias (Nigrán) cara a Monteferro, visitando os petróglifos As Penisas Pequenas e o Monumento dedicado aos falecidos no mar, cunha dificultade de ruta media.

 

Ao finalizar a ruta, a organización ofrece a posibilidade de repor forzas no centro social das Angustias cunha comida popular, cun prezo de 10 euros por persoa. Para ampliar a información contactar co teléfono 616 13 02 59.