Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Xeira polas mámoas e os petróglifos de Amoedo (Pazos de Borbén).

Xeira polas mámoas e os petróglifos de Amoedo (Pazos de Borbén).

Correo-e Imprimir PDF
Xose-Lois-Vilar-(IEM)2


O vindeiro venres 31 de agosto terá lugar unha visita guiada do Instituto de Estudos Miñoranos polas mámoas e petróglifos de Amoedo (Pazos de Borbén). O punto de encontro será ás 21:30 horas no Centro Cultural de Amoedo. A saída, organizada polo IEM e a Comunidade de Montes de Amoedo, estará guiada polo arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM).

 

O enclave a percorrer presenta un conxunto de 22 mámoas e 60 petróglifos -a maioría representativos da arte rupestre abstracta- dos que visitarase os máis representativos. Antes da partida ao monte, Xosé Lois Vilar brindará un coloquio sobre "Mámoas e Arte rupestre en Galicia".

Como en todas as saídas nocturnas, recoméndase levar lanternas, roupa apropiada para o monte e abrigo.