Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Tony Lomba, o crooner sen pudores, actuará este venres no Bar Pénjamo

Tony Lomba, o crooner sen pudores, actuará este venres no Bar Pénjamo

Correo-e Imprimir PDF
Tony Lomba y su atril

Tony Lomba estará este venres 22 no bar Pénjamo de Patos co seu show "Tony Lomba y su atril". Nesta ocasión Tony Lomba actuará acompañado do artista invitado, o seu taburete.

“Sé que más de uno pensará que sin músicos un escenario se queda pobre. Puedo estar de acuerdo, pero es discutible. El espectáculo o su formato cada artista lo monta como quiere, puede o le sale de … Esta historia es simple, sencilla y con todos los inconvenientes que conlleva la música pregrabada, pero mi anarco-animalismo explota desde el primer segundo. Algunas de las canciones son interpretadas improvisando la melodía y sin prejuicio alguno. Disfrutando sin atender a la original para no restar libertad, ni salvajismo al pelele que las destroza. Ese pelele soy yo, el Rey del wachu-wachu.”

De Raphael a Nino Bravo, de Marvin Gaye a Vicente Fernández, de Rod Stewart á música lixeira italiana. Un cóctel que domina Tony Lomba de corrida. Como non controla nada, pois está ao 100% (felicísimo), no seu papel: fóra de control. Un show onde Tony divírtese, se "desgallita" e dá o de sempre, todo.

Tony Lomba é un artista que se lle coñece por pertencer a grupos como: Unión Penosa, Os 3 Sudamaricones e Tony Lomba & Elio dos Santos entre outros. Neste espectáculo é un "Crooner" cun poderío e unha elegancia que lle fai sentirse moi cómodo entre "os grandes" intérpretes da música lixeira. Programas de Televisión, de Radio e prensa escrita son os que o recoñeceron como un front-man inigualable pero se non o viches en directo que non cho conten e plántate nun dos seus concertos e non esquecerás que viviches algo especial.

No escenario poucos son os que transmiten tanta enerxía e tan "bo rollo" pois cada concerto que ofrece parece o último. All that jazz ou o que é o mesmo: "Empeza o espectáculo" con Push to play. Rompéndose o Tendón de Aquiles, Tony Lomba supérase e apoiando a súa nádega esquerda sobre un taburete non freará a súa actitude de dalo todo aínda que sexa en contra da prescrición facultativa.

A cita será este venres 22 no Bar Pénjamo, Praia de Patos, ás 21:30h. Entrada 6€

Escoitar algungas pezas deste crooner auténtico.

Embed Embed this video on your site

Embed Embed this video on your site

Embed Embed this video on your site