Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Fundación Menela conmemora cunha inauguración o día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Fundación Menela conmemora cunha inauguración o día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Correo-e Imprimir PDF
MenelaMultisensorial-1
O día 2 de abril as 10:30h celebrase a IV Edición do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Con motivo desta data, a Fundación Menela inaugura a Sala de Estimulación Multisensorial para Persoas con Trastornos do Espectro do Autismo e outras discapacidades. Ao acto, que terá lugar no Edificio CAMI (Rúa Xanelo nº 3)que posúe a Fundación no Casco Vello de Vigo, está invitado o Tenente de Alcalde do Concello de Vigo Santiago Dominguez Olveira e, no mesmo, intervirá Cipriano L. Jiménez Casas, Director Xeral da Fundación Menela a quen, recentemente, se lle outorgou o título de Vigués Distinguido.