Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Entroido Nigrán: Concurso de comparsas e festa popular coa actuación do grupo “Aramio”

Entroido Nigrán: Concurso de comparsas e festa popular coa actuación do grupo “Aramio”

Correo-e Imprimir PDF
O entroido de Nigrán celebrarase o sábado 5  dende as 17,00 dende o Campo das Redes de Panxón

O entroido de Nigrán 2011 celebrarase o sábado 5 de marzo dende as 17,00 dende o Campo das Redes de Panxón cun percorrido que levará ás nove comparsas participantes ao longo da Rúa arquitecto Palacios ata chegar ao Pavillón de deportes de Panxón enchendo de cor, música e festa o Concello de Nigrán.

Ao remate da última actuación, terá lugar a entrega de premios, que van dende os 600€ ao 1º premio, 500€ o 2º premio; 400€ o terceiro, 300€ o cuarto, 250€ o 5º premio, 200€ para o sexto premio; 150€ o sétimo e 100€ o oitavo premiado.

O Xurado presidido por Emilia Alejos, publicista e composto polo pintor nigranés Pablo Alejos, a contacontos de Nigrán Marita Costas, os representantes das Asociacións de Veciños “Monteferro” de Panxón e “Dunas” de Nigrán e o Concelleiro de Festexos Manuel Doldán Costas terá en conta a orixinalidade, o vestiario e a actuación para a concesión dos premios.

As nove comparsas participantes son “Grupo Os Amigos” de Vigo, con 12 participantes e baixo o lema “Sangre de Volcán”; “Un Grupo de Amigos” de Couso-Gondomar composta por 37 persoas e baixo o lema “Pesca o que poidas”; “A Comparsita” da Asoc. Cultural O Piñeiral de Chapela con 26 participantes e baixo o lema “Deixar diñeiro”; “Os Macanudos” da asociación Balcón do val Miñor con 40 participantes escenificarán “Os Budas Macanudos”; “Os Gaiteiros de Hamelín” da Asociación Cultural Breogán Valle Miñor de A Ramallosa e a Asociación Cultural Trasto Mosteiro de Santa Mª de Oia cos seus 37 participantes escenificarán “Ratóns”; “Moito Entroido” da Asociación A Unión de San Pedro da Ramallosa con 45 veciños que escenificarán “Xogo de Parchís”; Os 33 membros do Centro Cultural A Merced de Chaín porán escena “A Vida no Mar”, continuarán os 60 membros de “Os Terribles de Tebra” da Asociación de propietarios e veciños de Santa Mª de Tebra coa obra “Un Mundo Polar” e pecharán o desfile os máis de 60 membros da “Rondalla de Santiago de Parada” coa súa orixinalidade e música en directo.

Festa rachada, diversión, color e música polas rúas de Panxón e de Nigrán cos case trescentos membros das comparsas que este ano participarán no entroido de Nigrán.

Pero a festa non fará máis que comenzar coa entrega de premios enfronte o Pavillón de Panxón xa que o Grupo Aramio actuará emulando unha festa popular tradicional, festa, música, color e diversión ata ben entrada a noite no Entroido de Nigrán 2011.