Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Marta Quintana presentará o seu disco "Amable" na Aula de Cultura Ponte de Rosas no IEM.

Marta Quintana presentará o seu disco "Amable" na Aula de Cultura Ponte de Rosas no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
Cartaz-Marta_IEM-2-Custom

Hoxe martes 22 de febreiro, as 20:30h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira 10 b., Gondomar) a arpista Marta Quintana, presentará Amable, o seu último disco. Neste traballo discográfico foron compañeiros de viaxe Cuchús Pimentel, Xurxo Varela, Suso Feixón, Marcos Campos, Marcos Padrón entre outros músicos; como técnico de gravación Bernal Álvarez e na mestura dixital Javier Abreu en Océano Studio, de Nigrán.

Marta Quintana, galega de nacemento e viguesa de adopción formouse como arpista na Emao con Rodrigo Romaní, do que segue a ser alumna. Diplomada en Graduado Social pola USC e Diplomada en Educación pola USC coa especialidade de música. Estudou no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela. Foi membro do Orfeón Terra A Nosa, do Coro Universitario da USC, e de Camerata ad Libitum, entre outras organizacións corais, coas que participou en gravacións discográficas (mesmo colaborando con Julio Iglesias no CD "Mi vida grandes éxitos",1998). Formou parte do dúo Sete Saias co que realizou un traballo discográfico (2006).

Como Arpista e cantante compartiu escenario con X.M. Budiño, Mercedes Peón, tocando para o Xacobeo, Consellería de Educación (MUPEGA),Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela, Concellos de Mos, Vilagarcía,Vigo.