Amig@s do IEM
Ante a triste nova do asasinato de Águeda González Portela e como mostra de pesar acordamos suspender os actos de entrega do III Premio de Xornalismo Nano Cambeiro e trasladalos para o venres 27 de xaneiro á mesma hora (20:30) e no mesmo lugar(Capitanía Marítima de Baiona).
Cultura
Aplazamento da entrega do III Premio Nano Cambeiro de Xornalismo
TERTULIAS LITERARIAS "QUEREMOS TANTO AOS LIBROS "
Publicada en 1955, Merlín e familia é a novela fundacional da obra narrativa de Alvaro Cunqueiro ( Mondoñedo,1911- Vigo, 1981 ) .Un universo, único na literatura, xorde nas fascinantes e engaioladaras historias que conta Felipe de Amancia, paxe ao servicio do mago Merlín.En Cunqueiro, a arte das palabras, tinguida polo fino humor, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotián. Maxia para o lector.
O xornalista David Reinero González recibirá o III Premio de xornalismo Nano C
O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e fundador desta entidade cultural.
Nesta Terceira Edición, o premio concedéuselle a DAVID REINERO GONZÁLEZ un mozo xornalista miñorano que une o seu nome ao de consagrados escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín e Francisco Fernández del Riego que o recibiron nas anteriores edicións. No artigo premiado Cando Praia América tiña mil nomes, publicado no xornal Atlántico Diario o luns 23 de febreiro de 2004, faise unha achega a toponimia do areal nigranés en perigo de desaparición, víctima da exótica e simple denominación de Praia América, tal e como lle aconteceu a maior parte do que fora maior areal e complexo dunar da ría de Vigo soterrado baixo toneladas de formigón e asfalto.
Tertulias do IEM con Lidia Senra
Nesta ocasión estará con nós a labrega, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas, ecoloxista e feminista Lidia Senra. A importantes achegas desta muller que leva dúas décadas ao fronte do movemento sindical labrego galego están suficientemente contrastadas, pero ademáis Lidia Senra é que de anovar o seu discurso político e sindical e proxectalo non só no ámbito europeo coa súa decisiva participación no proxecto Vía Campesina europea, senón tamén no movemento alterglobalizador salientando as súas criticas á Organización Mundial do Comercio. Ademais o seu feminismo exercido dende un cargo sindical como o que detenta non deixa de ser outro aspecto a destacar na súa actividade social.
TERTULIAS LITERARIAS "QUEREMOS TANTO AOS LIBROS "
13 de Decembro , ás 20:30 horas, na Librería Libraida:
MAR MORTO de JORGE AMADO Con MINA MARX
Jorge Amado
Avô, mesmo que a gente morra, é melhor morrer de repetição na mão, brigando com o coronel, que morrer em cima da terra, debaixo de relho, sem reagir. Mesmo que seja pra morrer nós deve dividir essas terras, tomar elas para gente. Mesmo que seja um dia só que a gente tenha elas, paga a pena de morrer".
(Os Subterrâneos da Liberdade - Agonia da Noite)
Camilo Nogueira nas tertulias do IEM
Ao remate da conferencia-coloquio celebrarase unha CEA co conferenciante, podendo facer a súa reserva no 629 890 320 ou en resposta a este correo, tendo en conta que as prazas son limitadas.
Mesa redonda "Lois Tobio" en Gondomar
Carlos Nuevo: Tobío e o Seminario de Estudos Galegos
Marga Romero: Tobío traductor
Emilio Insúa: Tobío e o estatuto de Galicia
Fernando Bartolomé: Tobío e o Conde de Gondomar
Modera: Carlos Méixome, director do Instituto de Estudos Miñoranos
Neste acto presentarase o libro Dous embaixadores: Gondomar e Digby . Traballo inedito sobre o Conde de Gondomar de don Lois Tobío
Nomeamento de don Lois TobÃo Fernández como fillo adoptivo
“ A pesar de que don Lois Tobío Fernández naceu en Viveiro (Lugo) e que a maior parte da súa vida transcorreu fora de Galicia o certo é que coas súas investigacións e publicacións sobre D. Diego sarmiento de Acuña, primeiro conde de Gondomar, o nome da nosa vila é coñecido nos círculos culturais de todo o mundo.”
ARTE RUPESTRE GALEGA - Os escolares visitan a exposición do IEM
As xornadas organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos proseguirán mañá con unha conferéncia sobre un caso de esquizofrenia na arte rupestre, a cargo de Antonio de la Peña, do Museo de Pontevedra, ás 20.30 horas.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL