Xoves, 19 Sep. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona Socialistas esixen paralizar a concesión da auga en Baiona ante nova suspensión ditada pola xustiza.

Socialistas esixen paralizar a concesión da auga en Baiona ante nova suspensión ditada pola xustiza.

Correo-e Imprimir PDF
encorobaiona

O Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, ditou a suspensión provisional do procedemento de contratación da concesión para a explotación do ciclo integral da auga de Baiona. O mesmo tivo lugar tras un recurso da empresa FCC Aquqlia, segundo dá conta o PSOE Baiona. Trátase da segunda vez que esta tribunal anula a contratación do devandito servizo


O concelleiro Rafael Lores (PSOE), salienta que "unha vez máis os tribunais poñen en cuestión a seguridade xurídica do devandito procedemento".

Entende que con esta resolución "confírmase a firmeza dos argumentos do Partido Socialista cando afirmaba a falta de rigor e a inseguridade do procedemento e votou en contra dos informes técnicos e da adxudicación do servizo no Pleno Extraordinario do mes de agosto e pon de manifesto a improvisación e a falta de xestión por parte do Alcalde e do equipo de goberno".

Afirma que o grupo Socialista esixe a paralización do concurso "e o estudo da remunicipalización do servizo, o que garantiría a obxectividade das actuacións e posibles rebaixas no recibo da auga".