Xoves, 18 Jul. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Baiona Propoñen 1 hora de aparcadoiro gratuíto no Aral para usuarios do Centro de Saúde de #Baiona.

Propoñen 1 hora de aparcadoiro gratuíto no Aral para usuarios do Centro de Saúde de #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
aparcadoiro aral

A medida é iniciativa da agrupación municipal de Esquerda Unida Baiona e tamén quere beneficiar aos usuarios da Oficina de Emprego.

Sería só no horario da mañá e por unha hora. Os usuarios deberán acreditar que teñen necesidade de facer uso dos servizos, tanto do Centro de Saúde como da Oficina de Emprego situada en Baiona. A iniciativa parte de Esquerda Unida que a presenta en forma de acordo para se discutida no vindeiro pleno de Baiona.

O edil Silvano Montes sostén que o Concello de Baiona ten “a obriga de dotar de servizos públicos” ao municipio, e “dada a cantidade enorme de prazas valeiras durante as mañás dos días laborables”, a medida sería beneficiosa, nun parking que agora é de titularidade e xestión municipal.

O aparcadoiro do Aral “Un rescate de máis de 3:5 millóns de euros”.

Na exposición de motivos do acordo, Montes analiza que no pasado mes de Marzo, obrigado polas circunstancias derivadas do contrato subscrito coa empresa Sofranda Gestiáo de Parques , e por acordo do Pleno, o Concello pasou a facerse cargo, ademais da titularidade, tamén da xestión do parking do Aral. “Co conseguinte pago do rescate, que a falta de definir a cantidade do mesmo debido ao contencioso entre o Concello e a Empresa citada, en todo caso no será inferior a 3,5 millóns de euros”,sinala o documento.

Engade que dito parking, con unha capacidade de uns 800 vehículos, “só acada a súa máxima ocupación durante algúns días sinalados ao ano, mantendo habitualmente unha das súas dúas plantas (400 prazas) pechadas”.

Beneficiar aos usuarios dos servizos.

Por outra banda, no mesmo área atópanse situados, tanto o Centro de Saúde como a Oficina de Emprego, coa conseguinte afluencia de veciños en horas de atención ao público que se atopan, particularmente os que acoden desde as parroquias, “con grandes atrancos para aparcar os seus vehículos”, sinala.

O acordo insta Goberno para que “estableza os mecanismos operativos necesarios para o establecemento de esta medida”.