Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Socialistas denuncian graves deficiencias nas condicións laborais do traballadores municipais de Baiona.

Socialistas denuncian graves deficiencias nas condicións laborais do traballadores municipais de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
rafael lores

Dende a falla de privacidade para atender aos usuarios dos servizos sociais, a insuficiencia de mobiliario e até a precariedade nos baños que fan uso, son algúns dos puntos abordados por representantes sindicais dos funcionarios de Baiona cunha delegación do PSOE-Baiona encabezada por Rafael Lores, secretario xeral da agrupación. Os traballadores municipais manifestaron que estas e outras irregularidades "xa foron denunciadas e rexistradas na inspección de traballo", segundo dan conta os socialistas nun comunicado.


Entre as deficiencias máis importantes, destacan, atópase o estado "de precariedade" dos baños da planta baixa da casa consistorial. Outro feito denunciado son as condicións nas que realizan os seus traballo os traballadores de participación cidadá, servizos sociais e cobramento de taxa "con escaseza de mobiliario para arquivar os expedientes".
Engaden que no caso do persoal de servizos sociais "que atenden na maioría das ocasións a veciños con problemas, non dispoñen de condicións para garantir a mínima privacidade que se necesita neste servizo". Ademais, salientan as condicións de transporte de persoal que "normalmente se realiza no mesmo vehículo no que se transportan materiais e maquinaria".
Neste senso, Rafael Lores, advirte que as "condicións de traballo e seguridade dos traballadores é algo que o equipo de goberno ten que coidar, xa que a parte de garantir as condicións dos traballadores, teñen que garantir a prestación dun bo servizo aos veciños e veciñas de Baiona"