Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona As principais empresas e operadores do mar escollen Baiona para debater sobre o futuro do sector.

As principais empresas e operadores do mar escollen Baiona para debater sobre o futuro do sector.

Correo-e Imprimir PDF
pm 7

Próximos a 200 directivos das principais cadeas de alimentación, convocados pola Asociación de fabricantes e distribuidores (AECOC) daranse cita durante os días 4 e 5 de xuño en Baiona para debater sobre a produción, elaboración, comercialización e distribución de produtos do mar.

Esta semana celébrase no Parador de Baiona o XV Congreso Universo de Produtos do Mar organizado por AECOC, coa colaboración de Industrias Pesqueras, que será inaugurado pola conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e clausurado polo secretario xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), Carlos Domínguez.
O XV Congreso Universo de Produtos do Mar reunirá, os días 4 e 5 de xuño, a preto de 200 directivos que coñecerán a evolución deste mercado, o comportamento do consumidor e os seus hábitos de compra, os casos de empresas de éxito neste sector e algunhas das tendencias máis innovadoras, entre outras cuestións. Para iso contará, entre outros, coa participación do recoñecido economista José María Gay de Liébana, que analizará o escenario económico no que operan as compañías do sector; o director xeral de Compras de Produtos Cárnicos e Produtos do mar de Mercadona; o responsable de servizos de Retail de Nielsen; o experto en experiencia de compra Rudy Vidal; ou o director de vendas Fresh Europe de Marine Harvest Vap, a compañía líder mundial do sector e pioneiro no desenvolvemento de conceptos de peixe envasado para o mercado holandés, belga e francés.