Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona #Baiona celebrará o desfile do #Entrodio e o Enterro da Sardiña nesta xornada de mércores.

#Baiona celebrará o desfile do #Entrodio e o Enterro da Sardiña nesta xornada de mércores.

Correo-e Imprimir PDF

A predición dunha mellora nas condicións meteorolóxicas para a tarde deste mércores 5 de marzo aumentan o optimismo para que podan ter lugar as actividades do Entroido de Baiona. Segundo comunica o Concello, o desfile das 15 comparsas inscritas terá lugar a partir das 16 horas e posteriormente o Enterro da Sardiña ás 19 horas.

O desfile de comparsas está previsto que partirá ás 16 horas da praia de Santa Marta cara á Palma. Ás 19 horas dará comezo o Enterro da Sardiña na Praza do Concello que rematará coa tradicional  procesión e queima do pez na praia Ribeira.