Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Concello de #Baiona obriga colocar “prezos razoables” ás mercadorías durante a festa da #Arribada.

O Concello de #Baiona obriga colocar “prezos razoables” ás mercadorías durante a festa da #Arribada.

Correo-e Imprimir PDF
regulamento-arribada

Os tenderetes que ofrezan produtos á venta estarán obrigados a manter “prezos razoables e sen variación” durante toda a xornada da Festa da Arribada. Así consta no regulamento elaborado polo Concello de Baiona, co xeito de manter a “gran sona e creto” do que goza a mesma. Engade a normativa que cada posto deberá expor a listaxe de prezos e produtos nun lugar á vista do público.

Por outra banda, os vendedores de alimentos deberán estar en posesión “obrigatoriamente” do carné de manipulador de alimentos. Requisito que anuncian será estrita e rigorosamente controlado pola Garda Real do Mercado co auxilio da Policía Local.

Funcionamento do Mercado Real

O horario habilitado para o funcionamento do Mercado Real será de 10 a 23 horas o día Sábado 1 de marzo e de 10 a 22 horas o Domingo. O disparo de “tres bombas” indicará o peche obrigatorio dos tenderetes e demais postos do mercado.

O extenso regulamento que rexe o funcionamento da festa medieval incide noutros aspectos como escenografía dos postos, vestimenta, mercadorías habilitadas e prohibidas, así como nos espazos onde transcorrerá o evento.

A non contemplación dalgunha destas obrigas implicará a perda do aval depositado polos titulares dos postos (100 ou 200 euros), así como a retirada dos postos e a “prohibición de participar das seguintes edicións da festa”. Feito que será controlado pola Garda Real do Mercado e a Policía Local que poderá actuar “sen necesidade de presentar proba algunha”, segundo determinou o Concello de Baiona no artigo 7 do apartado X do “Reglamento (sic) do Real Mercado Medieval”.