Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Extinguidos dous focos de lume nos montes da parroquia de Baíña

Extinguidos dous focos de lume nos montes da parroquia de Baíña

Correo-e Imprimir PDF
lume-lapas-bahinha

Membros do equipo de extinción de incendios de Medio Rural están a facer vixilancia nesta noite do martes 13 de agosto nos montes de Baíña trala aparición de dous focos de lume detrás do barrio de Fontes, no lugar coñecido como As Bouciñas. O sinistro tivo lugar sobre as 20:30 horas, e membros da Comunidade de Montes de Baíña foron os primeiros e concorrer ao lugar para as primeiras actuacións.

Aínda que pequenos, segundo testemuñan fontes do lugar, a proximidade dos mesmos a un chalet da zona apresurou as tarefas de auxilio. Unha patrulla da Garda Civil, alertada polos veciños achegouse a Baíña e deu aviso a Medio Rural que ordenou a participación de dous helicópteros para combater as lapas. Os mesmos achegáronse ao lugar uns 20 minutos despois, cargaron auga no embalse de Baiona, na Tomada de Pedregoso e sobre as 21 horas conseguiron dominar e apagar o incendio.

Dim lights Embed Embed this video on your site