Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona ANOVA- Baiona esixe a devolución da Bateria de Silleiro ós veciños de Baredo

ANOVA- Baiona esixe a devolución da Bateria de Silleiro ós veciños de Baredo

Correo-e Imprimir PDF
bateria-silleiro

O grupo nacionalista entende que o enclave aséntase en territorios da Comunidade de Montes de Baredo, os que foran "roubados" durante a ditadura de Franco a través dunha ocupación militar de feito.

Denuncian que as proropostas do Estado Español, da Xunta e do Concello de Baiona nunca foron por este derroteiro. A proposta de Anova Baiona, tras falar coa Comunidade de Montes de Baredo é, a devolución das terras ós particulares e á propia Comunidade de Montes e a procura dunha saída "lóxica e viable" ás instalacións abandonadas.
Nese senso, propón iniciar un diálogo entre o Concello de Baiona, o Ministerio de Facenda e os propios veciños de Baredo a tal fin. Nomeadamente, os nacionalistas propoñen habilitar algún tipo de centro cultural ou campamento, que manteña a relación "co monte, coa aldea e fregresía de Baredo, co mundo dos sinais marítimos, dos naufraxios, co mundo do mar; a pesca, o argazo, os percebeiros e percebeiras, a natureza do mar".
Antecedentes
No ano 1936 establécese o Destacamento Militar Rías Baixas no Faro Vello de Silleiro e durante o tempo da represión franquista no 1936/39 e anos posteriores, constrúese a Batería de Costa de Cabo Silleiro en terras "roubadas", segundo ANOVA ós veciños de Baredo. A agrupación sinala que as mesmas non foron "nin expropiadas, nin compradas, nin ocupadas temporalmente. Simplemente roubadas".
Entenden que cando no último cuarto do século XX cesou a actividade militar neste lugar o equitativo sería a devolución das terras "ós seus lexítimos propietarios, tanto particulares como os anacos de monte comunal tamén roubado".