Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona ANOVA organiza unha travesía marítima divulgativa do patrimonio ameazado da bisbarra.

ANOVA organiza unha travesía marítima divulgativa do patrimonio ameazado da bisbarra.

Correo-e Imprimir PDF

Anova Baiona celebrará o vindeiro sábado 22 de xuño, a "Primeira Travesía en defensa do Mar e a Terra". Os organizadores informan que trátase dun acto aberto que consistirá nun percorrido en barco polo mar de Panxón e Baiona ademais do desembarco durante dúas horas nas Illas Cíes. Segundo explica o voceiro nacionalista Antonio Espinar, os asistentes "poderán coñecer a bordo as explicacións sobre a riqueza da nosa terra e o noso mar, mediante proxeccións e exposicións". Tamén haberá contacontos, obradoiros e música.

Durante a viaxe terán lugar unha serie de coloquios onde a formación nacionalista brindará o seu punto de vista sobre as "ameazas da Serra da Groba: o microchip dos cabalos, dous parques eólicos , un campo de golf, unha balsa xigante de auga, unha pista de autocross e agora a minería aurífera".
A visita pretende, segundo información adiantada polo grupo, que a través dunha mirada "interdisciplinar", se obteña un "coñecemento atento do territorio" que aporte "argumento para o lecer e para a pedagoxía e axude a crear sinerxias variadas" en eidos como o ensino, o turismo, a cultura e a economía.
A tal fin, Anova Baiona ten aberta a conta 2100 1821 67 020014702 para os que queiran participar e mercar as súas entradas. O prezo é de 10 euros, de 6 para menores de 10 anos e de balde para os nenos menores de 3 anos. Para máis información está dispoñible o correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo