Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona @Stabri #BaideTapas por Baiona e Sabarís

@Stabri #BaideTapas por Baiona e Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Stabri Bai de tapas

O boneco viaxeiro 2.0 que leva percorrido medio mundo, pasará estes días por Baiona e Sabarís para catar o Bai de Tapas 2013.

Stabri é un moneco de tranpo que viaxa de man en man por todo o mundo e gratis. Vamos, o desexo de calquer aventureiro. Pero neste caso Stabri non viaxa facendo auto-stop nin facendo unha peregrinaxe si non que é reclamado polos usuarios para facer promoción dos lugares visitados. Stabri é galego de nacemento, en 2006 uns informáticos galegos probaron até onde podían chegar os lazos de amizade creados en internet. Froito desa "relación" conceptual naceu Stabri. Pese a súa corta idade percorreu xa 172 cidades e 28 paises tan dispares como China, Xordania ou Exipto. A única condición que impoñen "os pais" de Stabri é que sexa recollido e entregado en man polo seguinte tutor temporal. 

O boneco converteuse nun fenómeno turístico en Internet e as súas aventuras son divulgadas na súa páxina web www.stabri.com e a través das redes sociais que rodean aos pais deste moneco de trapo viaxeiro. 

Esta finde Stabri darase un percorrido por Baiona e Sabarís para degustar algunhas das 67 tapas dos 31 locais que ofrecen até o próximo 19 de maio dentro do 2ª Concurso ”Bai de Tapas”