Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Un poste da luz pendendo dun fío en Belesar

Un poste da luz pendendo dun fío en Belesar

Correo-e Imprimir PDF
Perigo de derrube dun poste no parque infantil da Portameán en Belesar  ©Belesar Dixital

Veciños de Belesar alertan do perigo de derrubo dun poste do tendido eléctrico situado ao carón do parque infantil de Portameán en Medialdea.

Veciños e usuarios do parque reclaman a urxente intervención do Concello de Baiona ante a ameaza que representa esta estrutura afectada na cementación da súa base. Este non é o único inconvinte que presentan as instalacións do parque segundo os comentarios dos seguidores da páxina de facebook Belesar Dixital , hai “caídas a distinto nivel sen protexer, aristas cortantes, postes de madeira no chan que esvaran, columpios en mal estado”, que presentan verdadeiros perigos para os cativos que utilizan este espazo de ocio.