Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A calidade das augas dos areais d'A Ladeira e A Concheira seguen sendo "insuficientes".

A calidade das augas dos areais d'A Ladeira e A Concheira seguen sendo "insuficientes".

Correo-e Imprimir PDF

O concello de Baiona non cumpre a normativa sobre as recomendacións ao baño
Carteis na praia d'A Ladeira
Carteis na praia d'A Concheira
Cartel de prohibición ao baño por contaminación micobiolóxica
Cartel de recomendación de non bañarse por contaminación micobiolóxica
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

As augas das praias de Ladeira e d'A Concheira manteñen a cualificación de "insuficientes" no mapa das zonas de baño de Galicia publicado este mes pola Consellería de Sanidade da Xunta malia que o concello segue calificando as augas como "aptas para o baño"

O concello de Baiona exponse a sancións económicas da Unión Europea se non soluciona o problema de contaminación nestes areais antes do ano 2015.

A pesar das melloras puntuais obtidas no último control microbiolóxico, a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, confirmou a este xornal que segue vixente a obriga por parte do Concello de Baiona, de informar da prohibición ou recomendación de non bañarse en ditas praias, conforme o marca o Real Decreto 1341/2007.

Ante a consulta á dirección autonómica sobre as recentes manifestación por parte do Concello de Baiona en canto que a pesar do cualificativo de "insuficiente", as praias eran "aptas para o baño", o organismo respondeu hoxe que a nova normativa vixente non cualifica en "aptas" ou "non aptas" o estado das zonas de baño, senón a través dos niveis: "Excelente, Boa, Suficiente ou Insuficiente". No que respecta ás praias con este último resultado, as directivas das normas da Unión Europa así como as do Estado Español son claras no tocante a que teñen a obriga de informar ás persoas da recomendación de absterse do baño ou directamente prohibilo.

A tales efectos o departemento de Sanidade da Xunta conta xa con carteis oficiais que deben colocarse nos paneis informativos dos areais cara ao público, carteis que achega a tódalas administracións locais con xurisdición en praias cualificadas como "insuficientes".

Valminor.info percorreu esta mañá as controvertidas áreas de baño e constatou que a pesar de estar colgados os carteis indicativos da calidade das augas "insuficiente", nas follas de resultados microbiolóxicos publicados pola Concellería de Medioambiente do Concello de Baiona figura que a auga é "APTA PARA O BAÑO". Así mesmo constatouse que non figuran en ditos paneis as recomendación ou prohibición ao baño, que polo artigo Nº 12 do R.D. 1341/2007 deberían constar no mesmo panel.

Por outra banda, tampouco consta a "Advertencia al público interesado de la calidad insuficiente de las aguas de baño, las causas de la contaminación y de las medidas de gestión adoptadas" que obriga o apartado d) do inciso 3 do citado artigo Nº12 do R.D. 1341/2007. Norma que especifica que deberá colocarse  "una señal sencilla y clara en la playa, con información de las causas de la contaminación y las medidas adoptadas".

Nese senso, a Dirección Xeral adiantou que de non variar a situación destas praias ao ano 2015, a Unión Europea podería aplicar sancións ás administracións responsables. Neste caso, ao propio Concello de Baiona, responsable directo da xestión medioambiental das praias.

Baiona incumpre a normativa ao calificar as augas como "aptas para o baño".

Ante as dúbidas dos bañistas pola presenza paradoxal dun cartel no panel informativo que indica  "calidade insuficiente", e á vez unha circular do Concello de Baiona na que se indica "Auga apta para o baño" segundo o R.D. 1341/2007, valminor.info consultou a validez desta información ante os Técnicos da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública que sinalaron que a devandita norma non contempla o cualificativo de "auga apta para o baño" nas praias con valoración "insuficiente". Polo contrario o organismo autonómico reitera que na sinalización pública deben constar as directrices da norma, nomeadamente o artigo Nº12, coa recomendación de "absterse do baño ou prohibilo".

Por outra banda, manifestaron que os valores puntuais das análises microbiolóxicas só teñen valor estatístico a efectos da valoración anual que realmente é a que demarca a situación da calidade das augas do enclave. Nese senso  exemplificaron que unha mostra tomada pola mañá podería variar ás poucas horas de provocarse un vertiquido na mesma zona.