O rexidor municipal tamén se referiu á festa popular que, de forma paralela, prepara a asociación cultural Ximbaleu, que ofrece hoxe durante toda a xornada música e baile folclórico galego, lectura de poesía e regueifeiros polas rúas.
Vázquez Almuiña explicou que a Feira de Abril é unha proposta "que se nos suscitou ao Concello e que nos pareceu un bo modo de recoñecer a nosa relación con Andalucía". Así mesmo recalcou que "valorariamos igual calquera outra iniciativa como a que suscita esa asociación, da que, por outra banda, non temos constancia no rexistro do concello". En todo caso cualificou de erróneo a formulación do colectivo e afirmou que "non é o momento" para a súa festa.