
O cambio de goberno facilitará o reingreso de Gondomar á institución supramunicipal. Os líderes locais apostan por coordinar a comarca para emprender proxectos comúns.
A posible investidura de Antonio Arauxo en Gondomar podería supor o punto e final á crise que atravesa a Mancomunidade do Val Miñor desde fai 10 anos.
Ramón Sestelo, sendo alcalde do PP, decidiu no ano 97 sacar ao municipio desta institución cando as autoridades locais de Nigrán e de Baiona decidiron que a piscina mancomunada estaría emprazada na Ramallosa.