
Mocidade pola Normalización Lingüística (a sección xuvenil da Mesa), Galiza Nova (a organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego) e CAE (Comités Abertos de Estudantes, organización estudantil de secundaria) convocan un paro en todos os institutos de Galiza para o próximo día 8 de novembro en defensa do proceso de galeguización do ensino “que a Consellaría de Educación ten paralizado”.