Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

O sin sentido do urbanismo na área de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
San PaioFonte a Voz de Galicia-
Cen veciños de Sampaio apoian á familia cuxa casa será derrubada
Centos de veciños concentráronse onte, ás 16.30 horas, no número 29 da rúa Rosal Florido de Sampaio, en apoio da familia cuxa vivenda de 45 m2, vai ser derrubada polo Concello por orde xudicial o vindeiro sábado. A policía nacional identificou a un dos convocantes. O mesmo grupo manifestarase hoxe, ás 12.00 horas, no Concello.

PP, BNG e PG rexeitan paralizar os edificios de Finca do Conde 
A anulación do proxecto urbanístico Finca do Conde por parte do Tribunal Supremo non terá de momento consecuencias para os dous edificios pendentes de construír. Ambos inmobles teñen licenza concedida polo Concello, o mesmo que o centro comercial e as dúas torres de vivendas levantadas en primeiro lugar 228 vivendas

Pescanova incumple desde 2005 unha orde de demolición da planta de Oia

Correo-e Imprimir PDF
Piscifactoria Pescanova OiaFonte - El Pais - Galicia
Pescanova incumple desde febreiro de 2005 unha orde de Política Territorial para que derribe unha planta acuícola de Oia que invade a zona de protección de costas. Unha xuíz imputou un presunto delito contra a ordenación do territorio ao director de Insuiña, a filial de Pescanova que gestiona as granjas de acuicultura da compañía. A batalla contra a factoría ilegal non se libra só nos xulgados, pero a compañía fixo oídos xordos aos reiterados intentos da Xunta, xa durante o mandato do PP, de que proceda á demolición da planta.

A Dirección Xeral de Urbanismo declarou o 10 de febreiro de 2005 - aínda co Goberno do PP - "ilegalizables" as obras de construción da planta, ordenou a súa demolición e prohibiu definitivamente os usos para os que estaban destinadas.

Xose Manuel Souto abre as Xornadas de Urbanimo en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Sábado 3 de marzo ás 7 da tarde no Colexio Público H. Juanes (Vilameán) Nigrán, xornada con Xose Manuel Souto González
Nigrán no Val Miñor e nas perspectivas económicas da área metropolitana de Vigo.

Na súa intervención, Xose Manuel Souto fará un estudo histórico de Nigrán no conxunto do Val Miñor para explicar cómo se constrúe a identidade local nun mundo globalizado. As transformacións recentes poden rachar cos símbolos que identifican un territorio e, polo mesmo, quedar nunha situación de febleza nun mundo que se move na teoría do marketing territorial. Así cobra protagonismo a construción do espazo público e o mantemento do ambiente ecolóxico.


Xornadas de Urbanimo de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Presentación das XornadasVarias asociacións e colectivos do Val Miñor, organizamos as primeiras Xornadas de Urbanismo de Nigrán co obxetivo de que o veciños e veciñas da comarca continúen o debate necesario sobre o seu futuro; debate que comezou hai xa algún tempo e que nesta altura queremos avivar.

As xornadas celebraranse todos os sábados do mes de Marzo ás 19:00h, a máis dunha charla o xoves 22 ás 20:00h co arquitecto Pedro de Llano.

Dado que o concello de Nigrán non dispón de ningún auditorio nin sala pública para a realización das xornadas, as charlas celebraranse nunha aula do colexio público H. Juanes de Vilameán (Nigrán). Así mesmo porque para este lugar e o seu contorno lle tiñan reservado un destino que o pobo de Nigrán non aceptou nin vai aceptar nunca: xa que este é un terreo de dominio público que non pode entrar como moeda de cambio en ningún “cambalache” inmobiliario para beneficio particular. Non o consentiremos.

O parque inmobiliario do Val Miñor crece o dobre de rápido que o seu censo

Correo-e Imprimir PDF

normal_DSCN2561.jpgFonte - La Voz de Galicia
En cinco anos a poboación aumentou un 11% mentres a oferta de vivendas facíao un 23%. 
Soamente Baiona líbrase dos escándalos urbanísticos que salpican a súa contorna

Solicitan un novo plan de usos portuarios da ría

Correo-e Imprimir PDF
Os grupos ecoloxistas Adega, Bouzas móvete, Foro Social de Cangas, Luita Verde, Plataforma en defensa dá enseada de San Simón, Salvemos Monteferro e Verdegaia pertencentes a banda sur da ría de Vigo´, asinarón recentemente un escrito dirixido ao consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo no que esixen o arquivo do plan de usos en tramitación e a elaboración dun novo plan.

Os colectivos argumentan que ao concluír o prazo para responder ás alegacións presentadas contra a proposta da Autoridade Portuaria sen que devandito organismo dea resposta, o plan debe considerarse caducado. O prazo finalizou o 12 deste mes. Alegan tambien que tampouco se lles convocou ao preceptivo trámite de audiencia.

Exposición A illa da Memoria no colexio Terra de Turonio de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
O Instituto Terra de Turonio de Gondomar acolle até o día 30 de xaneiro a exposición "A ILLA DA MEMORIA" sobre os presos durante a Guerra Civil na Illa de San Simón. 
A Exposición patrocinada pola Consellaría de Cultura ten como comisario ao director de cine gondomareño Antón Caeiro,  autor do documental Aillados e A memoria nos tempos de Wolfram.

O horario de visita da exposición é de 9.30 hs. a 15 hs. pola semana e de 17 hs. a 20 hs. o luns.

Os virus chegan aos dispositivos móbiles

Correo-e Imprimir PDF
Varios veciños de Ponteareas denunciaron xa a infección dos seus teléfonos móbiles por mor du virus que se instala a través dunha mensaxe multimedia (MMS).

O título da mensaxe  "Más que amigos" , pode traer efectivamente máis complicacións e gastos que a de "ter un amigo".
Varios veciños denunciaron recentemente perante a Garda Civil un caso de fraude telefónico no que un suposto virus realiza chamadas e conexións a internet gastando o saldo completo no caso dos teléfonos de prepago ou excesivas facturas no caso dos teléfonos de contrato.

Un dos veciños asegura que ante a impasibel mirada da súa compañía que non tentou solucionar o problema veuse no abrigra de denuncialo ante a Garda Civil logo de comprobar que o seu teléfono móbil gastaba o saldos completos en plena noite e sen actividade nengunha.

EL CIT VAL MIÃ?OR FIRMA UN CONVENIO CON LA CONSELLERÃ?A DE INDUSTRIA E INNOVACIÃ

Correo-e Imprimir PDF
CIT Centro de iniciativas TuristicasEl CIT VAL MIÑOR ha firmado hoy día 22/11/2006 un Convenio con la Dirección Xeral de turismo para la elaboración del Proyecto de " Difusión do Val Miñor como comarca de referencia histórica, gastronómica e marítima en Galicia e Portugal", el cual está incluido en el Proyecto Marco del CIT VAL MIÑOR.
En la firma del Convenio estuvieron presentes el Presidente del CIT, Dárío Alvarez, el Conselleiro de Industria D. Fernando Xabier Blanco Álvarez y el Director Xeral de Turismo D. Rúben Lois González.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL