Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

O Val Miñor presentou 11 candidaturas ao consello nacional do BNG

Correo-e Imprimir PDF
O Val Miñor presentou 11 candidaturas ao consello nacional do BNG.
A nova Executiva do BNG foi aprobada con 1634 votos a favor, 71 en contra e 83 abstencións. Anxo Quintana, reelixido portavoz nacional da organización destacou a “capacidade de acordo para que haxa unidade” entre as distintas listas apresentadas ao Consello Nacional.

A Executiva estará integrada por membros da lista encabezada polo propio Quintana, da lista “Encontro Irmandiño” e da lista “Alternativa”. A cuarta lista - o “Movemento pola Base”- apoiou a nova dirección pero decidiu quedar fóra deste órgano.

Novas choivas para o oeste de Galicia

Correo-e Imprimir PDF
sateliteSegundo informa Meteogalicia Unha fronte fría achegarase a Galicia nas primeiras horas do xoves, deixando precipitacións moderadas, localmente fortes, especialmente no oeste da Comunidade. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. Os ventos soprarán do sudoeste, moderados, intensificándose cara á noite e durante a noite.

Os checos de Windguru tamén pronostican pra o Val Miñor fortes precipitacións pasado o serán entre ás 13h e as 19h con nubosidade completa.

Pontevedra en alerta pola chegada dun novo temporal de vento e choiva

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe Eumesat Infravermello - Meteo GaliciaO tempo non dará tregua ás zonas máis afectadas polas choivas e inundacións no Val Miñor.
Unha nova fronte achegarase a Galicia durante a xornada do venres, deixando abundante nubosidade na metade occidental de Galicia e precipitacións xeneralizadas que pola tarde poden ser localmente fortes no litoral atlántico. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios significativos. 

Segundo a predición de Windguru as choivas máis intensas caerán na comarca o sábado ás 7h da mañán e o domingo ás 13h.
O comezo da semán do 4 de nadal empeorará as condicións meteorolóxicas no Val Miñor e para o martes espéranse fortes ventos e choiva estre as 10h e ás 13h

A xuíza impide a un xornalista asistir a un xuízo relativo ao caso Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Fonte - La Voz de Galicia
A vista celebrábase por unha demanda contra dúas inmobiliarias polo posible cobro de comisiónsNegou o dereito á información alegando que as dúas partes estaban de acordo en que non debía haber ningún informador na sala.

>>>A maxistrada alega que o asunto tiña un escaso interese público e social 
>>>A doutrina do Constitucional avala que os reporteiros estean presentes nos xuízos 

A maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, Carmen Novoa Santas, expulsou onte a un xornalista da sala antes de que comezase un xuízo contra dúas promotoras inmobiliarias que compraron terreos que aparecen recalificados no Plan Xeral de Nigrán. A audiencia ía ser pública, pero a xuíza considerou que o tema non era de interese para a prensa e invitou a marcharse ao redactor de La Voz de Galicia que acudiu a cubrir a información.

Varios colectivos ecoloxistas organizan a caravana pola defensa do litoral

Correo-e Imprimir PDF
Os colectivos A.C. A Revolta, A.C. Caleidoskopio, ADEGA, Bouzas Móvete, Foro Social de Cangas, GAS, Luita Verde, OAR Redondela, Salvemos Monteferro, Verdegaia, Voces polo Litoral de Teis; convocan para este sábado 2 de nadal "A Caravana en Defensa do Litoral" Monteferro - Cangas.

>>>>  DESCARGAR CARTEL

Os colectivos denuncian que a día de hoxe a saúde da Ría de Vigo esta sendo gravemente agredida e ameazada por verquidos contaminantes, depuradoras deficitarias, aterramentos, plans de urbanización insostíbeis, portos deportivos sen control,... que danan letalmente as praias, outros ecosistemas da ría e os seus recursos, a pesca e o marisqueo. 

O acto servirá tamén de homenaxe e recoñecemento aos membros do Foro Social de Cangas que levan 13 meses colocándose diante das escavadoras para impedir a execución do porto deportivo de Massó, unha urbanización privada, un hotel e o recheo de 15.000 metros cadrados en primeira liña de costa.
 

Exposición de pintura na galería Iván Morillas

Correo-e Imprimir PDF

A "Galería de Arte Iván Morillas" en Sabarís,  inagura hoxe venres 17  ás 23:30 h a exposición do traballo pictórico de Gorka García Herrera que ten como base técnica o óleo sobre madeira.

O pintor de orixe xerezano, reside actualmente en Bilbao, onde a súa obra está sendo moi ben acollida.
A exposición rematará o Xoves 30 de Novembro.

Acto no día internacional contra a violencia cara as mulleres

Correo-e Imprimir PDF
A asociación de Mulleres do Val Miñor Area Loura, prepara os actos para a conmemoración do día Internacional contra a violencia cara ás mulleres.
Area Loura considera que segue a ser preciso invitar á reflexión da sociedade nesta data co fin de erradicar definitivamente esta degradación que afecta a toda a poboación, por iso a citada asociación organiza un acto conmorativo ao que invitan a asistir a todas aquelas persoas interesadas.

O acto terá lugar o venres 17 de novembro ás 20 horas na Galería de Arte Iván Morillas na Rúa Xulián Valverde número 64, Sabarís.
O acto contará cunha proxección dun filme documental baseado na violencia de xénero e rematará cunha charla coloqu

Salvemos Monteferro cre que o cambio no proxecto de vial é mínimo

Correo-e Imprimir PDF

Parking de Monteferro CompletoA asociación considera as variacións "unha burla" por parte de Deputación e o Concello de Nigrán

Segundo afirmou o portavoz da asociación ecoloxista, José Reigosa, os cambios efectuados no proxecto de construción dun vial en Monteferro só suprimiu a rotonda e o carril bici.

Alegan que na zona alta do monte nada cambiou, manténdose o ancho do vial, que na zona do monumento chegaría a ter 15 metros, aparte dos 25 metros que supón a praza para os autobuses e dos 70 metros de longo da construción do muro de contención que requiren as anchuras previstas no proxecto.

O recibo da luz subirá entre un 5,5 e un 6% en xaneiro próximo

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - A Voz de Galicia
A factura da electricidade volverá dar un bo susto ás familias na costa de xaneiro. O Goberno ultima un incremento da tarifa para o ano que vén de entre un 5,5 e un 6%, e aínda non decidiu se o aplicará dunha soa vez ou en dúas fases. O novo secretario xeral de Enerxía, Ignasi Neto, desvelou onte no Congreso que o alza para os consumidores domésticos será «seguramente» a que experimente o índice de prezos de consumo. Iso si, gardouse moito de subliñar que a decisión final estará en función do déficit tarifario -a diferenza entre os custos soportados polas eléctricas pola súa produción e a remuneración recibida vía prezos-, que haberá que recoñecer e pagar a estas compañías.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL