Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Pontevedra en alerta pola chegada dun novo temporal de vento e choiva

Pontevedra en alerta pola chegada dun novo temporal de vento e choiva

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe Eumesat Infravermello - Meteo Galicia
O tempo non dará tregua ás zonas máis afectadas polas choivas e inundacións no Val Miñor.
Unha nova fronte achegarase a Galicia durante a xornada do venres, deixando abundante nubosidade na metade occidental de Galicia e precipitacións xeneralizadas que pola tarde poden ser localmente fortes no litoral atlántico. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios significativos. 

Segundo a predición de Windguru as choivas máis intensas caerán na comarca o sábado ás 7h da mañán e o domingo ás 13h.
O comezo da semán do 4 de nadal empeorará as condicións meteorolóxicas no Val Miñor e para o martes espéranse fortes ventos e choiva estre as 10h e ás 13h Máis información: http://www.windguru.com/int/index.php?sc=48742