Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A xuíza impide a un xornalista asistir a un xuízo relativo ao caso Nigrán

A xuíza impide a un xornalista asistir a un xuízo relativo ao caso Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Fonte - La Voz de Galicia
A vista celebrábase por unha demanda contra dúas inmobiliarias polo posible cobro de comisiónsNegou o dereito á información alegando que as dúas partes estaban de acordo en que non debía haber ningún informador na sala.

>>>A maxistrada alega que o asunto tiña un escaso interese público e social 
>>>A doutrina do Constitucional avala que os reporteiros estean presentes nos xuízos 

A maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, Carmen Novoa Santas, expulsou onte a un xornalista da sala antes de que comezase un xuízo contra dúas promotoras inmobiliarias que compraron terreos que aparecen recalificados no Plan Xeral de Nigrán. A audiencia ía ser pública, pero a xuíza considerou que o tema non era de interese para a prensa e invitou a marcharse ao redactor de La Voz de Galicia que acudiu a cubrir a información.

Continúa en http://www.lavozdegalicia.es/se_galicia/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=5329881&idioma=galego