Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

A Fiscalía abre dilixencias ao ver indicios de delito na contaminación das rías

Correo-e Imprimir PDF

Verquidos ilegais no esteiro da FozA Fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite a denuncia presentada pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores por "a contaminación grave ou moi grave da práctica totalidade das rías". A Fiscalía do Tribunal Superior ve "indicios de delito ambiental" e decidiu abrir dilixencias e investigar, segundo confirmaron onte o secretario xeral da federación, Xan López, e unha das avogadas desta organización, que defende os intereses de vinte mil profesionais da pesca de baixura e o marisqueo.

Antidisturbios irrompen nunha marcha pacífica en Toralla

Correo-e Imprimir PDF

A policía carga contra os participantesA policía cargou inxustificadamente contra varios participantes cando a marcha abandoaba tranquilamente a illa e na que participaban nenos e nenas de pouca idade.

Ver video

As galescolas miñoranas atrasan a súa apertura a mediados de outubro

Correo-e Imprimir PDF
Os pais miñoranos con nenos de entre 0 a 3 anos inscritos nas galescolas esperarán uns trinta días máis para levar aos seus fillos aos tres centros da comarca. A guardería de Baiona abrirá as súas portas o día 13 de outubro, segundo confirmaron onte a concejala de Educación, Rosa Ana Marcote, e o gerente do Consorcio Galego de Servizos Sociais, Lois Pérez Castrillo, quen asegurou que as aulas de Nigrán e Gondomar funcionarán tamén a mediados do próximo mes.

Os alcaldes de Vigo e Val Miñor rexeitan custear a rebaixa da autoestrada a Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Autoestrada AG-57Os alcaldes dos Concellos de Vigo, Baiona, Nigrán e Gondomar rexeitan tajantemente a proposta da Consellería de Política Territorial de asumir a rebaixa da peaxe da autoestrada AG-57, entre Puxeiros e Val Miñor, con cargo á recadación do IBI que realizan cada ano os municipios á empresa concesionaria (Autoestradas de Galicia).

Os alcaldes do PP rebélanse contra o proxecto de lei de área Metropolitana

Correo-e Imprimir PDF
Representantes do PP da área metropolitana de VigoRexeitan a figura do consorcio e critican que no PSOE faia opinións tan diferentes sobre o tema. Os alcaldes e portavoces do PP nos municipios da Mancomunidade de Vigo, incluídos Cangas e Moaña, acusaron ao PSDEG-PSOE de dilatar a constitución do Área Metropolitana de Vigo ao non porse de acordo sobre a futura lei. O portavoz do PP e ex alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, asegurou que detrás da constitución desa Área Metropolitana subxace un «modelo territorial dispar» na Xunta, entre os socios de Goberno do PSDEG-PSOE e BNG, cousa que nega o Bloque.

I Festa do Caramuxo (Pedornes-Oia).

Correo-e Imprimir PDF
A Asociación Cultural “San Mamed” organiza as festas patronais de Pedornes (Oia) na honra ó patrono San Mamed os vindeiros días 5, 6 e 7 de agosto de 2007. Este ano, a programación inclúe a celebración da 1ª Festa do Caramuxo (Mincha ou Bígaro) que terá lugar os días 5 e 6 a partir das doce da mañá na praza do Calvario de Pedornes. Dita festa pretende dar a coñecer un producto típico da nosa costa e de exquisito paladar, que foi tradicionalmente consumido pola xente das poboacións ribeireñas, alomenos no Concello de Oia. Para elo, realizarase unha exposición das diferentes especies de caramuxos (molusco gasterópodo) presentes nas nosas costas (incluídas nos xéneros: Gibbula, Littorina e Monodonta), con información detallada relacionada coas características morfolóxicas, localización, alimentación ou reproducción, así como as súas calidades gastronómicas.

O faro de Monteferro

Correo-e Imprimir PDF

A asociación ecoloxista miñorán Salvemos Monteferro volve a sorprender a navegantes no seu alarde cirbernáutico e crea un portal de titulares de noticias de entorno local e medioambiental cos titulares dos principais servizos dixitais do pais.

Un novo fito deste coletivo veciñal que volve dar coa porta na cara ás grandes inversións que reciben alguns "colectivos" no que a súa actividade brilla pola súa ausencia. Un colectivo sustentado coas aportacións persoais dos seus fundadores e colaboradores e sobre todo co esforzo e traballo individual de cada un deles.

Con apenas dous anos de existencia, Salvemos Monteferro converteuse nun referente activo do movemento ecoloxista en Galicia, liderando e participando na loita pola defensa do litoral galego.

As voces polo movemento popular de Anteco.

Correo-e Imprimir PDF
A Coordenadora de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres, en solidariedade co pobo de Atenco e coa Fronte de Pobos en Defensa da Terra, organiza unha charla-denuncia da contínua represión e violación dos dereitos humanos que sofre o pobo mexicano de Anteco.

Unha das impulsoras do movemento popular en Anteco, que ó berro de "Atenco non se vende", ten como fin dar a maior visibilidade posible dos durísimos ataques gubernamentais ao seu movemento popular, como aconteceu en maio de 2006. Este acto terá lugar o luns, ás 19:30 horas, na Casa das Mulleres (r/Romil, 20 - Vigo).

A Xunta negociará unha rebaixa de peaxe para os usuarios habituais da autoestra

Correo-e Imprimir PDF
AG-57 A Xunta pedirá á empresa que xestiona a autoestrada do Val Miñor (AG-57) que estableza fórmulas que permitan unha redución de peaxe para os usuarios habituais deste viario que enlaza Vigo con Baiona, polo que circulan unha media de once mil vehículos ao día. Deste xeito o Goberno galego dará cumprimento ao acordo adoptado onte no Parlamento de Galicia, coa unanimidade dos tres grupos para que se introduzan "sistemas tarifarios flexibles que conteñan reducións, descontos e bonificacións" para os vehículos que circulan pola AG-57 e tamén pola AG-55 que une A Coruña con Carballo.
Ambas as autospitas, de titularidade autonómica, son xestionadas pola empresa Autoestradas do Galicia, integrada no Grupo Sacyr Vallehermoso, desde a súa posta en servizo en 1997.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL