Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor I Festa do Caramuxo (Pedornes-Oia).

I Festa do Caramuxo (Pedornes-Oia).

Correo-e Imprimir PDF
A Asociación Cultural “San Mamed” organiza as festas patronais de Pedornes (Oia) na honra ó patrono San Mamed os vindeiros días 5, 6 e 7 de agosto de 2007. Este ano, a programación inclúe a celebración da 1ª Festa do Caramuxo (Mincha ou Bígaro) que terá lugar os días 5 e 6 a partir das doce da mañá na praza do Calvario de Pedornes. Dita festa pretende dar a coñecer un producto típico da nosa costa e de exquisito paladar, que foi tradicionalmente consumido pola xente das poboacións ribeireñas, alomenos no Concello de Oia. Para elo, realizarase unha exposición das diferentes especies de caramuxos (molusco gasterópodo) presentes nas nosas costas (incluídas nos xéneros: Gibbula, Littorina e Monodonta), con información detallada relacionada coas características morfolóxicas, localización, alimentación ou reproducción, así como as súas calidades gastronómicas. Ademais de ofrecer caramuxos gratuitamente, tódolos asistentes poderán degustar “Pulpo a Feira”, empanadas ou chocos a prancha a prezos populares, nas mesas instaladas baixo unha gran carpa, habendo tamén un servicio de cantina que funcionará os tres días. Para animar a festa, o día 5 haberá para tódolos nenos hinchables de balde de catro a oito da tarde, e a continuación actuará o grupo “Airiños do Tamuxe”. O día 6 a partir das oito da tarde actuarán os grupos “Os Beiramiño” de Goián e “Brisas” de Tomiño hasta o remate da festa.


O martes 7, día de San Mamed, a partir das dez da mañá percorrerá a parroquia a Banda de Música Municipal de Redondela, e seguidamente oficiarase unha Misa Solemne con Sermón e Procesión cantada polo Grupo de San Miguel Arcángel de Mougás. A partir das nove da noite, a verbena estará amenizada polos grupos Aramio e Nueva Ola. Durante os tres días haberá unha tómbola con grandes premios.