Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O faro de Monteferro

O faro de Monteferro

Correo-e Imprimir PDF

A asociación ecoloxista miñorán Salvemos Monteferro volve a sorprender a navegantes no seu alarde cirbernáutico e crea un portal de titulares de noticias de entorno local e medioambiental cos titulares dos principais servizos dixitais do pais.

Un novo fito deste coletivo veciñal que volve dar coa porta na cara ás grandes inversións que reciben alguns "colectivos" no que a súa actividade brilla pola súa ausencia. Un colectivo sustentado coas aportacións persoais dos seus fundadores e colaboradores e sobre todo co esforzo e traballo individual de cada un deles.

Con apenas dous anos de existencia, Salvemos Monteferro converteuse nun referente activo do movemento ecoloxista en Galicia, liderando e participando na loita pola defensa do litoral galego.

As informacións están clasificadas en cinco categorías: Local, Galicia, Península Ibérica, Internacional e Organismos oficiais. En cada unha delas cítanse ademais as fontes (canles) das que proceden as noticias.

 As novas do día aparecen sobre fondo amarelo, mentres que as dos días anteriores teñen fondo verde, facilitando así unha rápida visualización da actualidade.

http://www.salvemosmonteferro.org