Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

As declaracións de Corina Porro e Figueroa crispan cada día máis os anímos d

Correo-e Imprimir PDF
O BNG de Baiona convoca para este domingo as seis da tarde na Palma de Baiona unha manifestación contra o proxecto de
macrodepuradora en Cabo Silleiro e por un proxecto racional de saneamento.
 

O proxecto de macrodepuradora que Corina Porro e Chema Figueroa planifican para Baiona están caldeando os anímos da xente de Baiona, que se siten totalmente ofendidos tanto polo proxecto como polas declaracións de deuda por servizos.

O concello de Baiona en pleno mostrouse contrario a este proxecto que implica o verquido das augas fecais de máis de 500.000 de habitantes.

A estación do Lagares é a única que contamina a ría. Bruxelas pide unha solución antes do 2012. As instalacións de Teis, Redondela, Arcade, Soutomaior, Nigrán e Gondomar aínda teñen capacidade para tratar máis caudal do que reciben 

>> Opine no foro sobre o proxecto da depuradora en Silleiro

Perigo de estafa na comarca do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Valminor.info está intentando por esta noticia en coñecemento das concellerías de consumo dos concellos do Val Miñor para que emitan un comunicado de aviso. 

Unha das empresas de multipropiedade con técnicas máis agresivas de venda recalou no Val Miñor esta semán. Moitos veciños e veciñas recibirón no seu buzón de correo un albarán personalizado dunha suposta empresa de mensaxería chamada Mensaexpress para informar da recollida dun paquete de regalo, neste caso en Baiona prometen un equipo home cinema.

Intenso verán a golpe de setembro

Correo-e Imprimir PDF
Prevense para hoxe unhas temperaturas máximas de 30ºC para o Val Miñor e unha temperatura mínima de 18 graos.
O bo tempo e as altas temperaturas continuarán ata o venres 8, ainda que cun lixero descenso.
Proteción Civil alerta das altas temperaturas en 6 comunidades autónomas.

Unha xornada máis de influencia anticiclónica, sitúandose as altas presións sobre Francia, facendo que se manteña o aire cálido que chega dende o sur. Esto deixa unha situación sen cambios, con ceos soleados en xeral, aínda que no litoral comezará a notarse a entrada de brétemas ó longo da xornada. As temperaturas continuarán a ser altas durante o día, especialmente no interior da provincia Pontevedra e na provincia de Ourense. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

Salvemos Monteferro, Verdegaia e Mauxo recollen lixo nos montes de Coruxo e Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Convocatoria dominical para limpar o monte 
A asociación ecoloxista Verdegaia e os colectivos Salvemos Monteferro e Mauxo reuniron onte a unha veintena de persoas pare realizar unha xornada de reivindicación e limpeza nos montes de Chandebrito (Nigrán) e Coruxo (Vigo) 

Roteiro por Chandebrito e as Covas do Folón en Coruxo

Correo-e Imprimir PDF
Este vindeiro domingo 3 de setembro Verdegaia-Vigo, o Clube Espeleolóxico O Maúxo e Salvemos Monteferro organizamos unha
actividade reinvindicativa de concienciación ambiental consistente na limpeza das Covas do Folón (Coruxo) e un roteiro polos montes de Chandebrito, ameazados polo proxecto de construcción dun novo campo de golf.
 A saída-punto de encontro será as 10:00 h. da Igrexa de Coruxo.  Preciranse luvas, calzado e roupa cómoda, e o xantar.

O concello de Nigrán aportará a parcela para o novo centro de saude

Correo-e Imprimir PDF
Edificio da Consellería de SanidadeO concello de Nigrán levará a pleno unha proposta para cambiar o uso dunha parcela en Panxón para levar a cavo a creación dun novo centro de saúde unha vez desestimada a rehabilitación das actuais instalacións da Casa do Mar.

A parcela contará cunha superficie de 2600 metros cadrados, e a súa calificación permitiría facer un edificio con planta baixa e 1 altura se fose necesaria.

Roteiro por Chandebrito e Coruxo

Correo-e Imprimir PDF
Este vindeiro domingo 3 de setembro Verdegaia-Vigo, o Clube Espeleolóxico O Maúxo e Salvemos Monteferro organizamos unha
actividade reinvindicativa de concienciación ambiental consistente na limpeza das Covas do Folón (Coruxo) e un roteiro polos montes de Chandebrito, ameazados polo proxecto de construcción dun novo campo de golf.
 A saída-punto de encontro será as 10:00 h. da Igrexa de Coruxo.  Preciranse luvas, calzado e roupa cómoda, e o xantar.

Verdegaia fai un chamamento persoas ciclousuarias de Galiza

Correo-e Imprimir PDF
bici lumesVerdegaia fai un chamamento persoas ciclousuarias de Galiza para se integrar nos dispositivos comarcais de vixianza que está a desenvolver en Santiago, Vigo, Ferrol e Ourense. Integraranse en patrullas en bicicleta encargadas de manter unha presenza contínua disuasoria nos montes das comarcas e fornecer de información aos dispositivos contraincendios das distintas administracións.Para apontarse premer aquí indicando o nome, comarca e tfno. de contacto ou chamar ao 675680477.

Contra o "terrorismo incendiario" reactívase a Plataforma Nunca Máis

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - Vieiros.
"Lume Nunca Máis. Paremos o terrorismo incendiario. Por un cambio de rumbo nas políticas para os nosos montes". Con ese triple lema, a comisión xestora da Plataforma Nunca Máis anuncia a reactivación da plataforma cidadá e a convocatoria dunha manifestación en Santiago de Compostela para o domingo 20 de agosto ás 12h. Moitos dos integrantes do colectivo xa veñen participando nas concentracións que estes días tiveron lugar en varios puntos do país e agora traballan para a reactivación da rede de colaboración entre centos de asociacións de todo o país e fai un chamamento á sociedade galega a mobilizarse activamente contra o terrorismo incendiario.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL