Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O concello de Nigrán aportará a parcela para o novo centro de saude

O concello de Nigrán aportará a parcela para o novo centro de saude

Correo-e Imprimir PDF
Edificio da Consellería de Sanidade
O concello de Nigrán levará a pleno unha proposta para cambiar o uso dunha parcela en Panxón para levar a cavo a creación dun novo centro de saúde unha vez desestimada a rehabilitación das actuais instalacións da Casa do Mar.

A parcela contará cunha superficie de 2600 metros cadrados, e a súa calificación permitiría facer un edificio con planta baixa e 1 altura se fose necesaria. O acordo co Sergas pactouse no anterior goberno da Xunta de Galicia despois de rematar as obras de amplicación do centro da Xunqueira.