Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor As declaracións de Corina Porro e Figueroa crispan cada día máis os anímos d

As declaracións de Corina Porro e Figueroa crispan cada día máis os anímos d

Correo-e Imprimir PDF
O BNG de Baiona convoca para este domingo as seis da tarde na Palma de Baiona unha manifestación contra o proxecto de
macrodepuradora en Cabo Silleiro e por un proxecto racional de saneamento.
 

O proxecto de macrodepuradora que Corina Porro e Chema Figueroa planifican para Baiona están caldeando os anímos da xente de Baiona, que se siten totalmente ofendidos tanto polo proxecto como polas declaracións de deuda por servizos.

O concello de Baiona en pleno mostrouse contrario a este proxecto que implica o verquido das augas fecais de máis de 500.000 de habitantes.

A estación do Lagares é a única que contamina a ría. Bruxelas pide unha solución antes do 2012. As instalacións de Teis, Redondela, Arcade, Soutomaior, Nigrán e Gondomar aínda teñen capacidade para tratar máis caudal do que reciben 

>> Opine no foro sobre o proxecto da depuradora en Silleiro Os portavoces non dudaron en tildar a proposta de Porro de "ridícula", así como de acusala de "non querer asumir os seus problemas e pasar a pelota a outro tellado" despois de 30 meses de contactos previos sen obter resultado e solución algunha.
Mentras na proposta Corina Porro proxecta a creación dun espacio ver e de ocio no antigo emplazamento no Lagares, a súa proposta cotempla a instalación de unha macrodepuradora ao aire libre (non cuberta) que modificaría notablemente a paraxe recuperada do antigo vertereiro de Cabo Silleiro.

A proposta de Porro e Figueroma prevé un paseo máritimo ao redor da depuradora.

As reaccións non se fixeron de esperar e Baiona oponse frontalmente a este proxecto que non faría máis que perxudicar tanto meidioambientalmente como económicamente ao concello, dadas as dimensións da depuradora.

Chema Figueroa e Corina Porro, abandeirados individuais deste proxecto ,lembran ao concello de Baiona que Vigo  prestalle un servizo de auga e bombeiros pagado cos impostos dos vigueses.

«Todos os concellos teñen que ser solidarios e facer algunhas cesións de servizos en ben do conxunto. Nós non queremos entrar en polémicas, pero tampouco é cuestión de que o único que faga cesións sexa Vigo. Non é ningún segredo que Vigo colabora no abastecemento de auga de numerosos concellos, Baiona incluído, e os bombeiros de Vigo desprázanse a todos os municipios cando son reclamados. E o custo de ambos os servizos corre exclusivamente a cargo dos cidadáns de Vigo», salientou o responsable de Medio Ambiente e número dous do goberno local.

Figueroa tampouco dudou en sinalar a Baiona como un dos causantes da contaminación na ría de Vigo, ainda que a súa situación xeográfica a coloque practicamente ao borde exterior da mesma flanqueada por Monteferro e cun número de poboación e industra sensiblemente menor que ronda os 15.000 habitantes.
«Vigo é a maior cidade pero existen máis concellos; ademais, nós temos dúas depuradoras e eu pregúntome onde verte nestes momentos Baiona»

A Consellería de Medio Ambiente aínda non se pronunciou de forma oficial, pero os discursos do seu partido indican por onde irán os tiros. O mércores foi o ex alcalde do PSOE de Baiona, Luis Carlos da Peña , quen dixo que Vázquez non estaba de acordo e que recibira autorización para dalo a coñecer. A Xunta mantivo onte o seu silencio, pero en absoluto desautorizou a De a Peña . Paralelamente, os socialistas de Vigo expuxeron publicamente os problemas da iniciativa de Corina Porro.